Castelo de Andrade

 

 

 

O Castelo da Nogueirosa, tamén chamado de Leboreiro ou de Andrade, atópase no concello de Pontedeume. Dende o alto da súa torre domínase a ría de Ares, e a torre pode verse dende calquer punto desta ría.

As orixes deste castelo están ligados á vida de Fernán Pérez de Andrade, que o mandou construir en 1369. Esta decisión provocou un enfrontamento co priorado do mosteiro de Santa María de Sobrado, chegándose a parar as obras do mesmo por este  enfrontamento. A obra rematouse en 1377, coa condición do pago dun canon anual ao priorado de 10.000 maravedís en concepto de arrendamento.

O castelo tivo un papel importante durante as revoltas irmandiñas, quedando prácticamente derruido no ano 1467. Na primeira Revolta Irmandiña foi atacado polas tropas de Alonso de Lanzós, que finalmente foi derrotado por Nuno Freire de Andrade e feito prisioneiro, sendo trasladado aos baixos deste castelo, onde pereceu. Conta a lenda que despois de pasar cen días pechado nunha mazmorra o enterraron vivo, de pé no interior dun muro de tres metros de ancho despois de amputarlle a man dereita.

Conta a lenda que o lanzal Roxín Roxal e dona Tareixa, filla de don Nuno de Andrade, estaban namorados, pero éste ao decatarse decidiu casar á súa filla con don Henrique de Osorio e mandar  a Roxín Roxal a buscar fortuna polo mundo. O rapaz pediu quedar  na torre da Nogueirosa, ao que don Nuno accedeu. Cóntase que por eses días un enorme porco bravo andaba destragando  colleitas e matando xente pola zona. Don Nuno decidiu organizar unha cacería para matalo. Alá foron, e acurralaron ao porco, que véndose ameazado atacou, matando a dona Tareixa mentres don Henrique  fuxía. Ao día seguimte o porco apareceu morto, coa daga que don Nuno lle regalara a  Roxín Roxal na gorxa, no lugar que hoxe se chama ponte do Porco, decatándose  o Andrade de que Roxín Roxal si que tería defendido á súa filla ante o animal

 

Voltar Pechar